13 abr 2010

Sensibilización e achegamento ás persoas xordas

Sensibilización e achegamento ás persoas xordas”


Dentro do Proxecto Arce “Titoría e convivencia” que se está a desenvolver no CEIP Da Torre-Cela en Bueu, o día 14 de abril de 2010 levarase a cabo unha sesión de contacontos para o alumnado educación infantil e unha actividade de sensibilización e achegamento ás persoas xordas para o alumnado de educación primaria.

Con ditas actividades pretendemos dar a coñecer aos nosos alumnos e alumnas a realidade das persoas xordas, así como educar na afectividade basándonos no respecto e na tolerancia ante á diversidade.

Será unha persoa con discapacidad auditiva perteneciente á FAXPG (Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia), acompañada dun intérprete, quen durante unha sesión lles presente a lingua de signos que emprega para comunicarse cos demáis e lles conte como é a integración das persoas con deficiencia auditiva na sociedade actual.

No hay comentarios: